MUÍÑO DA PONTE MAZAIRA
O muíño da Tía María ou do Fermín aparece citado no Catastro de Ensenada (1752-1753) como un dos catro muíños da parroquia de San Cosme. Dous deles estaban no lugar da Ponte Mazaira se ben un estaba xa daquela totalmente arruinado e consecuentemente fóra de uso. Pertencía o dito Muiño da Ponte Mazaira a un tal Jacinto Álvarez, constaba dunha soa moa de pedra negra e moía durante catro meses do ano con augas do río Humano, que con ese nome se cita no referido catastro o río Mao. O muíño actual debeu ser polo tanto modificado e ampliado posto que consta de dúas moas. Tal como o coñecemos leva funcionando desde 1897, data que reza no dintel da porta. A presa desde a que sae a caldeira que move os rodicios elevouse nalgunhas fiadas o que causou algún que outro conflito entre o Concello de Montederramo e o titular do muíño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario