miércoles, 28 de diciembre de 2011

O embalse de Queixa

A presa de Chandrexa de Queixa embalsa as augas do río Queixa ou Navea no lugar próximo a Celeiros, capital do concello de Chandrexa de Queixa. Propiedade de Iberdrola, é un dos primeiros embalses construídos en Galicia xa que entrou en funcionamento no 1953. Ten capacidade para embalsar 61 Hm3 e ocupa unha superficie de 245 Ha e as súas augas anegaron os pobos da Pousa e Casdiego. A parede da presa ten 91 m de altura, con planta recta e contrafortes. Un canal de formigón duns 10 km de lonxitude e uns 2,5 de altura que transcorre pola marxe esquerda do Navea transporta a auga ata a central de transformación en San Cristovo.



lunes, 17 de octubre de 2011

O fume dos incendios cubre Montederramo



Neste enlace podes acceder a unha imaxe de gran resolución obtida polo satélite Terra da Nasa do día 17 -10-2011 onde se ven claramente as nubes (pirocúmulos) provocadas polos incendios.

martes, 27 de septiembre de 2011

Así describía don Ramón as Terras de Montederramo

A brava serra do Burgo, cinguida ca entrana do S. Mamede e Queixa, comeza ben perto de Montederramo e seus cotos monótonos e encostados chegan con outuras de 1.000 m a seis ou oito kilómetros da vila do Castro. As maiores cumes están en ringleira dende Fitoiro cos outos da Crus deica os termos de Paredes e Montederramo. Rabal, moi cinguida co Castro, siñifica o tránsito á terra de serra esgrevia de Queixa. Sas do Monte, a Medorra, Abeledos, Marrubio, forman nas relaciós e veciñanza de Montederramo. Iste lugar, soado na historia monástica e pola feira, servirá pra demarcal-a terra de Caldelas. Empeza polo monte de Gabín, de arredondeada feitura no hourizonte de San Mamede. O Gabín pódese considerare o derradeiro erguemento de propia serra. Da serra, contorneando o Gabín, baixa o fermoso torrente Mao, cheo de moíños e presas. Vai por Santa María de Nogueira pra descer, rachando encostas esporentes ó Sil, pola Pena da Espada e Cristosende. As raiosas pendentes de Couceliños vístense de cepas anunciando a mesta ribeira da Teixeira. O Mao dibuxa o lindeiro caldeláu. Pola banda do río concede caráuter ás paisaxes o monte de cerne e graciosa individoalidade da Carosa. Cos seus 800 metros, ou perto deles, preside a ribeira.

Otero Pedrayo, R: Historia de Galiza. Vol I. Nós. Buenos Aires, 1962. Páx. 119

domingo, 18 de septiembre de 2011

Sinfonía do carro de Caldelas

O afamado compositor catalán, Federico Mompou (1893-1987), dedica un movemento da súa obra titulada "Paisajes" ós carros de Galicia despois de que no 1960 ouvira en Castro Caldelas o "sonar distinto dos eixes dos carros galaico-romanos", tal como afirma Antonio Iglesias.


domingo, 28 de agosto de 2011

Un carro en Requián

Aínda quedan nostálxicos que xunguen as vacas e utilizan o carro nas tarefas diarias do traballo no campo. Alvaro e Lola (de Requián -Parada do Sil-), por indicación do Pepe de Cimadevila, amablemente xunguiron as súas vacas para que puidésemos realizar este vídeo. Gracias a todos eles por permitirnos lembrar como cantaban os carros polos camiños dos nosos pobos non hai tanto tempo.

jueves, 7 de julio de 2011

Un curto sobre a emigración

Foron o Pedro e o Gerardo quen me informaron da existencia deste pequeno documental producido por Sotelo Blanco Edicións que trata sobre a emigración das nosas xentes. Está dirixido por María Teresa Enrich e protagonizado por Ovidi Montllor. Algunhas personas entrañables que seguramente recoñecedes aparecen no café da Lina e no antigo Bodegón.


domingo, 19 de junio de 2011

jueves, 21 de abril de 2011

O Boletín Oficial da Provincia de Ourense de 20 de abril publica as listas electorais que concorrerán ás eleccións municipais de maio de 2011:

martes, 12 de abril de 2011

A bandeira

O DOG do 12 de abril de 2011 publica un decreto no que se aproba a bandeira de Mpontederramo que se organiza así:
Pano de amarelo. No ángulo superior da hasta un carballo de verde acompañado de dúas flores de loto de vermello, unha a cada lado do tronco. O pano de amarelo e cor verde da árbore representan o compromiso das súas xentes polo desenvolvemento dentro do equilibrio ambiental. A árbore e as flores de loto aluden acertadamente ás armas heráldicas do mosteiro cisterciense de Montederramo, fundado en 1.124 orixinariamente baixo a regra de San Bieito, ao que estaba historicamente vinculado o territorio municipal, onde as ditas flores tradicionalmente simbolizan o renacemento do sol, da vida, da fecundación e a resurrección. Ademais, o carballo alude tamén á histórica riqueza forestal, á actividade gandeira, agraria e ao carácter rural do municipio.

O Escudo de Montederramo.

O DOG do 12 de abril publica un Decreto polo que se aproba o escudo e a bandeira de Montederramo. O escudo organízase do seguinte xeito:
En campo de ouro, un carballo arrancado acostado de dúas flores de loto de gules. Ó timbre, coroa real pechada. Campo de ouro e cor sinople representan o compromiso das súas xentes polo desenvolvemento dentro do equilibrio ambiental. A árbore e as flores de loto aluden acertadamente ás armas heráldicas do mosteiro cisterciense de Montederramo, fundado en 1.124 orixinariamente baixo a regra de san Bieito, a que estaba historicamente vinculado o territorio municipal, onde as ditas flores tradicionalmente simbolizan o renacemento do sol, da vida, da fecundación e da resurrección. Ademais, o carballo alude tamén á histórica riqueza forestal, á actividade gandeira e agraria, e ao carácter rural do municipio.