PERSONAXES:
Benito Dionisio Mojón
Benito Dionisio Mojón
Aínda que nacido en Villarejo de Fuentes (Cuenca) o día 9 de
outubre de 1732 seu pai, Benito Mojón, era natural de Vilanova, parroquia de
San Pedro de Gabín. Nesta localidade do concello de Montederramo (Ourense)
situada ó pé da serra do San Mamede, casaron Benito Mojón e Ana Domínguez o día
11 xullo de 1731.
Benito Dionisio Moxón ingresou
na orde dos xesuías. O xesuita laico Pasou polo colexio de
Villarejo de Fuentes e de Alcalá ata a expulsión da orde por parte de Carlos
III. Como tantos outros xesuítas chegou a Italia onde residiu e fundou en 1772 na via
di Fossatello, a célebre farmacia Mojon, que desparecerá cos bombardeos
aliados en 1943. Exerceu tamén como profesor de Química na Universidade
de Xénova (Italia). Nesta cidade publicou a obra titulada Pharmacopoen Manuali Reformata (1784).
O seu fillo Benito chegou a
ser un reputado cirurxán que estivo ás ordes de Napoleón na batalla de Marengo
fronte os austríacos. O outro fillo, José, tamén levaba o da mediciña no
sangue. Estableceuse en París e a el se lle atribúe a invención do método para
a extracción da placenta en casos de hemorraxia. Publicou varias obras, entre
elas a Mémoire sur les effets de la
castración sur les corps humain (Montpellier, 1804) A tradución da obra non
é necesaria e os efectos mellor non pensar neles.
Fontes:
Antonio Valcarcel Dominguez: antoniovalcarcel.blogspot.com
http://histoire-ducastel.over-blog.com/