Atención: monasterio en venta. Con este titular e unha foto de Elvira González nas escaleiras de acceso á sua vivenda A Voz de Galicia alude en primeira páxina á venta das propiedades do mosteiro de Montederramo.
La Voz de Galicia de 26 de outubro de 2015
domingo, 26 de octubre de 2014
sábado, 30 de agosto de 2014
Pepe Cortés, barquilleiro en Ponferrada
Na praza Maior de Ponferrada unha escultura de bronce recorda a profesión dos entrañables barquilleiros que percorrían festas e feiras vendendo os seus barquiños. A Pepe Cortés, oriundo de Parada de Sil, os ponferradinos levantáronlle esta fermosa estatua no seu recordo.
miércoles, 30 de julio de 2014
Peche CEIP San Mamede
AMARGURA
En
plenas vacacións escolares a Xunta de Galicia oficializa o que viña
sendo un rumor entre os veciños: o peche do CEIP San Mamede. Así de
fríos son o DOG e a nota de prensa. Máis fríos que as naves da igrexa
conventual, que xa o son bastante.
En
setembro, cando os rapaces de toda Galicia volvan a reencontrarse cos
compañeiros, coas aulas e cos mestres, os nenos e nenas de
Montederramo terán que experimentar novas sensacións nun entorno
descoñecido, nun colexio situado máis lonxe da súa casa, xogarán
con novos compañeiros entre muros de ladrillo lucidos e pintados.
Non volverán a abrir os libros nin a prender o ordenador entre as
paredes do Claustro Procesional. Acabáronse os brincos, os berros e
o privilexio de iniciarse nos estudios nun dos colexios de primaria
máis fermosos de Galicia, entre espléndidas e artísticas bóvedas
de crucería, arcos oxivais, contrafortes e paredes historiadas.
Seguramente
mestres e alumnos, cal peregrinos ou veciños de épocas pasadas,
atravesado o arco de medio punto que dá acceso ó Claustro da
Hospedería a través dunha fermosa bóveda de casetóns, a pouco que
se deixasen levar pola imaxinación escoitaron o murmurio dos monxes
no locutorio, os veciños da zona en busca de xaropes e compotas
servidos polo monxe boticario e incluso puideron ouvir o eco de maitines e
vísperas dos frades aliñados nos sitiais do coro.
A
mesma bóveda nervada que une os dous claustros contemplou séculos
atrás o tránsito de novicios e monxes cistercienses que desde
distintos lugares de España viñan a cursar estudos ó prestixioso
Colexio de Artes e Filosofía no que se formaron ilustres personaxes.
Cambian os tempos e agora son os rapaces de Montederramo quen teñen
que ir fóra; ó Castro, a Maceda, a Ourense e de Erasmus a sabe Deus
onde. Ben certo é que quen máis, quen menos, marchou fóra a
estudar. Pero tamén é ben certo que os que se van en setembro son
ben pequenos.
Sen
dúbida que saberán saír adiante alá onde vaian pero a confianza
neles non pode borrar a amargura dos maiores que quedan. Este vaise i
aquel vaise e todos, todos se van aventuraba nos seus poemas
Rosalía.
Noticias relacionadas
Etiquetas:
Ceip San Mamede
domingo, 20 de julio de 2014
Montederramo 1956 - 2012
Estes mapas, obtidos do Instituto de Estudios do Territorio, permiten comparar a evolución da parroquia de Montederramo desde 1956, data da cartografía proporcionada polo famoso vó americano dese ano ata o 2012. O crecemento urbanístico é evidente. No censo de poboación de 1960 o concello de Montederramo contaba con 4796 habitantes de dereito mentres que esa cantidade reducíase drásticamente a 894 habitantes en xaneiro de 2012 (Fonte: INE)
Etiquetas:
mapas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

