domingo, 27 de enero de 2013

Nevada Xaneiro 2013

Para os que non puidestes contemplar en directo esta fermosa paisaxe e teñades que conformarvos cunhas poucas imaxes da nevada que a semana pasada cubriu totalmente as terras de Montederramno. 


  


jueves, 17 de enero de 2013


  UNIDADES DE MEDIDA TRADICIONAIS E AS SÚAS EQUIVALENCIAS  (Fin)

 MEDIDAS LONXITUDE
Vara
5 cuartas ou palmos
1,045 metros
Cuarta ou palmo

0,21 metros


MEDIDAS PESO
Arroba galega
25 libras
14,38 kg
Libra galega
20 onzas
0,574 g
Carga de carreta
150 a 160 arrobas

Carga de mula
12 a 14 arrobas

Quintal
4 arrobas ou 100 libras
46 – 48 kg
Maquía fariñeira. Como pago de moenda estableceuse para toda a provincia de Ourense

0,574 grs

Maquía do muíño da Ponte Mazaira
 
BIBLIOGRAFÍA
Valcarcel y Quiroga, A. Equivalencias métricas de la provincia de Orense. 1878. Edición dixital http://bibliotecadigitalhispanica.bne.es
Calvo, J, Valcárcel, A. Formula de metrología universal. Provincia de Orense. 1ª parte. 1873. Edición Dixital http://bibliotecadigitalhispanica.bne.es
Fernández Justo, M. Isabel. La metrología tradicional gallega. Aportación a los estudios sobre el medio rural. 2 tomos. 1986

miércoles, 2 de enero de 2013


UNIDADES DE MEDIDA TRADICIONAIS

E AS SÚAS EQUIVALENCIAS  (Continuación)

MEDIDA DE CAPACIDADE PARA LÍQUIDOS
 En asuntos de viñas a métrica tradicional emprega o canado, o medio (medio canado), o cuartillo, a cuarta ou cántaro, a galleta, o azume, o cuartal e a carga de viño. Na xurisdición de Montederramo, á resposta á novena pregunta do Catastro de Ensenada os entrevistados declaran que (...) en asuntos de viñas un canado de viño fai setenta e dos cuartillos, cando se fale dun medio é medio canado. Unha cuarta fai trinta e dos cuartillos. Un cántaro o mesmo. Unha galleta dezaoito cuartillos. Un azume nove, un cuartal dos cuartillos e unha carga de viño tres canados (...). Como se aprecia na cita, unha medida usual como a ola  non se recolle neste documento pero si establece a súa equivalencia Calvo y Valcárcel en 20 litros e medio:

Carga de viño

123,12 litros
Canado
2 olas
41,04 litros
Ola de viño
36 cuartillos
20,52 litros
Galleta
18 cuartillos
10.26 litros
Azume
4 cuartillos
2 litros
Cuartillo de viño

0,57 litros

No caso do aceite estableceuse unha equivalencia igual para toda a provincia de acordo co seguinte baremo:
Arroba legal de aceite

12,56 litros
Cuartillo de aceite
25 en arroba
0,5 litros

MEDIDAS DE SUPERFICIE 
O ferrado e a fanega son unidades frecuentemente empregadas na agricultura como magnitudes de superficie. En todas as poboacións da antiga xurisdición de Montederramo, na de Caldelas, así como no coto de Vilariño Frío úsase a medida de terra denominada tega ou ferrado. Existe sen embargo disparidade nas equivalencias:

Fanega (de terra)
Chás
A Medorra
Resto

5 ferrados
3145 m2
4040 m2
3580 m2
Ferrado ou tega
Abeledos
Chás
Marrubio
Acevedo (Marrubio)
A Medorra
Paredes
Sas do Monte
Resto



6 cuartos
510 m2
629 m2
510 m2
716 m2
808 m2
510 m2
510 m2
510 m2
Cuarto ou maquía de terra
Abeledos
Chás
Marrubio
A Medorra
Paredes
Sas do Monte
Resto



1/6 ferrado
85 m2
105 m2
85 m2
135 m2
85 m2
85 m2
119 m2
Cuartillo
Abeledos
Chás
Marrubio
A Medorra
Paredes
Sas do Monte
Resto


1/24 ferrado
21 m2
26 m2
21 m2
34 m2
21 m2
21 m2
30 m2
Copelo

1/30 ferrado
21 m2