miércoles, 28 de diciembre de 2011

O embalse de Queixa

A presa de Chandrexa de Queixa embalsa as augas do río Queixa ou Navea no lugar próximo a Celeiros, capital do concello de Chandrexa de Queixa. Propiedade de Iberdrola, é un dos primeiros embalses construídos en Galicia xa que entrou en funcionamento no 1953. Ten capacidade para embalsar 61 Hm3 e ocupa unha superficie de 245 Ha e as súas augas anegaron os pobos da Pousa e Casdiego. A parede da presa ten 91 m de altura, con planta recta e contrafortes. Un canal de formigón duns 10 km de lonxitude e uns 2,5 de altura que transcorre pola marxe esquerda do Navea transporta a auga ata a central de transformación en San Cristovo.