viernes, 27 de diciembre de 2013
lunes, 23 de diciembre de 2013
Boas festas
zugando a mel pró alleo,
como na ovella infeliz
medra a lan pra istrano leito,
e o boi, xunguido ó arado
perpetúa o seu trafego,
arrecadando pró dono
o pan que ofrecen os eidos,
así traballan de cote
–parias de tódolos tempos–
os exércitos dos pobos,
os soldados verdadeiros.
R. Blanco Torres. Orballo de Medianoite
FELICES FESTAS A CANTOS VOS LEMBRADES DESTA TERRA
domingo, 1 de diciembre de 2013
A gordura da Caracocha
Técnicos especialistas procederon hai uns meses á medición do perímetro do tronco da centenaria Caracocha. Realizada segundo marcan os cánones a un metro do solo, o perímetro deste carballo singular acada os 4.80 mts. Para que conste aí queda a memoria gráfica do traballo realizado que pon fin a repetidas discusións veraniegas.
jueves, 21 de noviembre de 2013
miércoles, 20 de noviembre de 2013
martes, 15 de octubre de 2013
Romancha Cabaqueira do Rosal
O Pasado 12 de Outubro o Rosal (Pontevedra) acollía a XXVI Edición da Festa dos Cabaqueiros. No pregón lembrouse a relación entre algúns relleiros naturais da parroquia de Salcidos (A Guarda) e Montederramo: Este é o fragmento íntegro:
"O Sr Eulogio, e os seus fillos Gumersindo e Anselmo Gándara, foron a facer cabacos desde principios dos anos 40 ata 1961 ás frías terras da montaña ourensá, alí onde carpinteiros coma meu pai ou o sr Gelasio facían arados e carros. Ata alí se desprazaban pai e fillos, a finais de abril, acompañados dun burro que cargaba o xusto para a viaxe e o imprescindible para poñerse a lasquear unha vez chegados. Testemuña da súa actividade queda na toponimia local. Se aquelas terras de Montederramo visitades e lle preguntades a alguén onde queda a Telleira, seguro que vos indican o lugar exacto onde a cuadrilla baixomiñota amasaba o barro cos pés ou coa axuda do burro que, como se dunha noria se tratase, daba voltas ó redor dun bidón provisto dun eixe vertical con aspas a xeito de amasadora. A Telleira, está a uns dous ou tres km dos núcleos habitados máis próximos, nas proximidades dun regato, tamén chamado da Telleira, a uns 900 metros de altitude. Alí as noites ben frías non eran ningunha excepción incluso nos meses de verán o que impedía demasiadas veces que secasen cabacos e toupas. Na mesma telleira, nun caseto duns catro por oito metros, comían e durmían. Apenas saían senón para comprar na tenda do Sr. Jaime unhas saborosas frebas de porco ou a buscar unhas verzas e unhas patacas para facer o caldo; ou para ir a feira do doce quen sabe se para axustar uns carros de leña para o forno ou se a pechar a venta dalgúns centos de tellas -a 35 pesos o cento- con algún paisano que necesitase botar o tellado dalgunha palleira."
"O Sr Eulogio, e os seus fillos Gumersindo e Anselmo Gándara, foron a facer cabacos desde principios dos anos 40 ata 1961 ás frías terras da montaña ourensá, alí onde carpinteiros coma meu pai ou o sr Gelasio facían arados e carros. Ata alí se desprazaban pai e fillos, a finais de abril, acompañados dun burro que cargaba o xusto para a viaxe e o imprescindible para poñerse a lasquear unha vez chegados. Testemuña da súa actividade queda na toponimia local. Se aquelas terras de Montederramo visitades e lle preguntades a alguén onde queda a Telleira, seguro que vos indican o lugar exacto onde a cuadrilla baixomiñota amasaba o barro cos pés ou coa axuda do burro que, como se dunha noria se tratase, daba voltas ó redor dun bidón provisto dun eixe vertical con aspas a xeito de amasadora. A Telleira, está a uns dous ou tres km dos núcleos habitados máis próximos, nas proximidades dun regato, tamén chamado da Telleira, a uns 900 metros de altitude. Alí as noites ben frías non eran ningunha excepción incluso nos meses de verán o que impedía demasiadas veces que secasen cabacos e toupas. Na mesma telleira, nun caseto duns catro por oito metros, comían e durmían. Apenas saían senón para comprar na tenda do Sr. Jaime unhas saborosas frebas de porco ou a buscar unhas verzas e unhas patacas para facer o caldo; ou para ir a feira do doce quen sabe se para axustar uns carros de leña para o forno ou se a pechar a venta dalgúns centos de tellas -a 35 pesos o cento- con algún paisano que necesitase botar o tellado dalgunha palleira."
![]() |
| Veciños de Montederramo con Sindo (no centro) Foto cedida por Anselmo Gándara |
Etiquetas:
Telleira
martes, 1 de octubre de 2013
miércoles, 11 de septiembre de 2013
Astrobiocos
A pasada fin de semana, no albergue dos Biocos, en San Xoán de Río, desenvolveuse unha interesante actividade de divulgación de astronomía: charlas, obradoiros de iniciación á astronomía, actividades para nenos. Aínda que o tempo non acompañou e as actividades de observación nocturna tiveron que trasladarse á casa observatorio, as actividades e charlas ofrecidas foron de grande interese. Nas imaxes ofrécese unha panorámica dos biocos ou buratos que se observan na serra de Cerengo e que son testemuña da riqueza aurífera explotada polos romanos, a segunda imaxe correspóndese ó experimento sobre criomagmatismo e a terceira á charla ofrecida por Javier Cacho sobre as expedicións a Antártida que practicamente nas mesmas datas realizaron o noruego Amundsen e o británico Scott.
| Biocos ou cavidades no Cerengo |
| Experimento sobre criomagmatismo |
| Javier Cacho, autor de Amundsen-Scott: duelo en la Antártida |
Etiquetas:
Astronomía,
Biocos,
San Xoán de Río
miércoles, 4 de septiembre de 2013
A Ribeira Sacra na TVG
Algúns dos valores máis destacados da Ribeira Sacra (Castelo de Castro Caldelas, Xunqueira de Espadañedo, Sta Cristina...) ó descuberto neste episodio do programa da TVG "Descúbreme" emitido o pasado 2 de setembro. A referencia a Montederramo a partir do minuto 21´ 31´´.
Etiquetas:
Descúbreme,
Ribeira Sacra
miércoles, 21 de agosto de 2013
Voitre negro no San Mamede
Axentes forestais soltaron o pasado día 21 desde o alto do San Mamede o exemplar de voitre negro atopado a principios de agosto na Serra do Faro e atendido no Centro de Recuperación de Fauna do Alto do Rodicio.
lunes, 19 de agosto de 2013
Festas da Asunción e do San Roque
| Os comisionados Sito, Paco e José reunidos en asamblea |
Os días 14, 15 e 16 de agosto celebráronse as tradicionais festas na honra da patroa -Nosa Señora da Asunción- e do patrón de Montederramo -San Roque-. Como vén sendo costume durante os tres días de festa ten cabida espectáculos musicais, actos relixiosos, campionatos de cartas e dominó e actividades lúdicas para os máis pequenos. Aínda que non se anuncia nos carteis, non falta a festa de pote coa degustación de empanadas, años e outras viandas. Todas estas actividades foron organizadas en tempo récord por unha comisión de veciños decididos a que en Montederramo non se interrumpan as festas patronais.
Etiquetas:
Festas
sábado, 15 de junio de 2013
Pesadilla demográfica
Os alumnos de Xeografía de calquera Instituto de Galicia denominarían a esta gráfica "pirámide de poboación" pero na Galicia interior, da que Montederramo é bo exemplo, de pirámide ten pouco. En todo caso seméllase a unha pirámide invertida ou a un embudo. Porque na gráfica a base é mais estreita que o cume, o que traducido a cuestións demográficas significa que a poboación xove é xa tan escasa que non asegura o relevo das xeneracións maiores. Non é que emigren os xoves: é que non nacen. E o peor é o panorama desolador que se deriva da proxección que ofrece a páxina do IGE para a comarca de Caldelas.
Gráfica e máis informacion en:
http://www.cronicasdeunmundofeliz.com/2013/06/la-pesadilla-demografica-gallega-6.html
Etiquetas:
Demografía,
Poboacion
viernes, 24 de mayo de 2013
Entre el agua y el cielo
"Entre el agua y el cielo. El patrimonio monástico de la Ribeira Sacra" Acaba de saír publicada este traballo de investigación do grupo Iacobus da Universidade de Santiago coordinado polos profesores Juan Manuel Monterroso Montero e Enrique
Fernández Castiñeiras. Son varios traballos que permiten
coñecer os monasterios da Ribeira Sacra, Santo Estevo e Santa María de
Montederramo. Sen dúbida que se trata dun gran traballo que merece a pena consultar baixo a sombra da Caracocha nestes meses de verán que se achegan.
Un pouco máis de información na Voz de Galicia e na web do grupo de investigación Iacobus
Etiquetas:
monasterio,
mosteiro
miércoles, 22 de mayo de 2013
Das Corcerizas a Rebordechao
lunes, 1 de abril de 2013
NO BICO UN CANTAR: O CARRO
O programa da TVG No bico un cantar remata a temporada cun tema moi próximo a Montederramo e as súas xentes: Non hai tantos anos que os carros deixaron de cantar polas vereas e camiños dos pobos da serra. Hoxe tan só quedan vestixios do uso do carro en Requián (Parada de Sil) porque Alvarito e Lola aínda xunguen de cando en vez as súas vacas. Neste programa podedes comprobalo.
domingo, 17 de marzo de 2013
O DRAMA DA DESPOBOACIÓN
![]() |
| Inma na foto de La Voz |
O artigo publicado na Voz de Galicia o domingo 17 de marzo de 2013 titulado El drama de la despoblación, rebelión en el desierto demográfico gallego, faise eco do despoboamento da Galicia interior sendo un bo exemplo o feito de que Parada de Sil prepárase para un acontecemento: o primeiro parto en catro anos. A última nena nacida no pobo e c ensada nel, recolle a noticia da Voz, vai cumprir 14 años.
Etiquetas:
Demografía,
Parada de Sil
sábado, 9 de marzo de 2013
MUÍÑO DA PONTE MAZAIRA
Antolín Fernández, actual propietario do muíño, pon en funcionamento o vello muíño da Ponte Mazaira recentemente restaurado. O vídeo foi realizado por membros de ACAMO (Asociación Cultural de Amigos do Mosteiro de Oia - Pontevedra)
Etiquetas:
Muíño,
Ponte Mazaira
domingo, 3 de febrero de 2013
Video Montederramo
Non é un video realizado por min senón que foi subido a youtube por billyjoepacios en 2010 e na descrición figura o copyrigth do Concello de Montederramo. A disfrutalo!
domingo, 27 de enero de 2013
Nevada Xaneiro 2013
Para os que non puidestes contemplar en directo esta fermosa paisaxe e teñades que conformarvos cunhas poucas imaxes da nevada que a semana pasada cubriu totalmente as terras de Montederramno.
Etiquetas:
Nevada
jueves, 17 de enero de 2013
MEDIDAS LONXITUDE
Vara
|
5
cuartas ou palmos
|
1,045
metros
|
Cuarta
ou palmo
|
0,21
metros
|
Arroba
galega
|
25
libras
|
14,38
kg
|
Libra
galega
|
20 onzas
|
0,574
g
|
Carga
de carreta
|
150 a
160 arrobas
|
|
Carga
de mula
|
12 a
14 arrobas
|
|
Quintal
|
4
arrobas ou 100 libras
|
46 –
48 kg
|
Maquía fariñeira. Como pago de moenda estableceuse
para toda a provincia de Ourense
|
0,574
grs
|
| Maquía do muíño da Ponte Mazaira |
BIBLIOGRAFÍA
Valcarcel y Quiroga, A. Equivalencias métricas de la provincia de Orense.
1878. Edición dixital http://bibliotecadigitalhispanica.bne.es
Calvo, J,
Valcárcel, A. Formula de
metrología universal. Provincia de Orense. 1ª parte. 1873. Edición Dixital http://bibliotecadigitalhispanica.bne.es
Fernández Justo, M. Isabel. La metrología tradicional gallega. Aportación a los estudios sobre el medio rural. 2 tomos. 1986
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



