viernes, 25 de septiembre de 2015

Os cavacos de Moxom

En Nogueira os cavacos de salgueiro e uz cobran vida nas mans de , Xosé Manuel "Moxom" en forma de pequenas esculturas policromadas. Video da entrevista de Mon Santiso emitida pola TVG en setembro de 2015

domingo, 6 de septiembre de 2015

A ultima viaxe do afiador

O pasado 13 de agosto proxectouse no Claustro Reglar do mosteiro o documental de Aitor Rei "A última viaxe do afiador". Conta a historia de Armando Alvárez, quen traballou toda a vida como afiador e con 80 anos, realiza a que será a súa última viaxe como afiador por distintos lugares de España. Recolle o documental outras historias de vida de varios afiadores ourensáns ó redor do mundo. O Claustro acolleu paralelamente unha mostra da evolución das rodas de afiar, propiedade de Florencio de Arboiro, persoa dedicada desde hai tempo a recoller a memoria dos homes dedicados a este oficio.

Publico asistente á proxección do documental
Roda de afiar
Roda de afiar
Florencio de Arboiro na presentación do documental