jueves, 21 de abril de 2011

O Boletín Oficial da Provincia de Ourense de 20 de abril publica as listas electorais que concorrerán ás eleccións municipais de maio de 2011:

martes, 12 de abril de 2011

A bandeira

O DOG do 12 de abril de 2011 publica un decreto no que se aproba a bandeira de Mpontederramo que se organiza así:
Pano de amarelo. No ángulo superior da hasta un carballo de verde acompañado de dúas flores de loto de vermello, unha a cada lado do tronco. O pano de amarelo e cor verde da árbore representan o compromiso das súas xentes polo desenvolvemento dentro do equilibrio ambiental. A árbore e as flores de loto aluden acertadamente ás armas heráldicas do mosteiro cisterciense de Montederramo, fundado en 1.124 orixinariamente baixo a regra de San Bieito, ao que estaba historicamente vinculado o territorio municipal, onde as ditas flores tradicionalmente simbolizan o renacemento do sol, da vida, da fecundación e a resurrección. Ademais, o carballo alude tamén á histórica riqueza forestal, á actividade gandeira, agraria e ao carácter rural do municipio.

O Escudo de Montederramo.

O DOG do 12 de abril publica un Decreto polo que se aproba o escudo e a bandeira de Montederramo. O escudo organízase do seguinte xeito:
En campo de ouro, un carballo arrancado acostado de dúas flores de loto de gules. Ó timbre, coroa real pechada. Campo de ouro e cor sinople representan o compromiso das súas xentes polo desenvolvemento dentro do equilibrio ambiental. A árbore e as flores de loto aluden acertadamente ás armas heráldicas do mosteiro cisterciense de Montederramo, fundado en 1.124 orixinariamente baixo a regra de san Bieito, a que estaba historicamente vinculado o territorio municipal, onde as ditas flores tradicionalmente simbolizan o renacemento do sol, da vida, da fecundación e da resurrección. Ademais, o carballo alude tamén á histórica riqueza forestal, á actividade gandeira e agraria, e ao carácter rural do municipio.