PERSONAXES:
O Home do unto
| Rebordechao (Vilar de Barrio) desde a Serra do San Mamede |
O Homo do unto, Home
lobo, Sacamanteigas ou Lobishome é o protagonista de numerosas
publicacións (Vicente Risco, Alfredo Conde O Home Lobo de
Allariz, Carlos Martínez El bosque de Ancines...) e de
populares películas como El bosque del Lobo (1970) de Pedro
Olea, Romasanta, la caza de la bestia (2004) de Paco Plaza.
Manuel Blanco Romasanta
(figura como Manuela na partida de nacemento) naceu en Regueiro,
concello de Esgos, o 18 de novembro de 1809. Aprendiz de todo e
mestre de nada andivo de caseiro, traballou de xastre, de tecelán,
cordeleiro, na seitura e xobre todo de vendedor ambulante non so por
Galicia adiante senón tamén por Castela, León e Norte de Portugal.
As terras de Montederramo
e as súas xentes están intimamente relacionadas co Home do unto
quen pervive na memoria popular dos adultos para atemorizar ós máis
cativos. E non é para menos porque segundo el mesmo por un estrano
maleficio que o convertía el lobo, extraía o unto das súas vítimas
para vendelo con excesivo lucro para
confeccionar potingues nas boticas portuguesas
A
maior parte dos crimes que a xustiza isabelina lle atribuíu (9,
aínda que el autoinculpouse de 13 asasinatos) tiveron como escenario
habitual A Redondela e as Gorbias na vertente de Montederramo da
serra de San Mamede. Polos seus camiños conduce as súas vítimas
-mulleres e nenos da familia García Blanco de Laza e dos Rúa de
Rebordechao- para buscarlle acomodo fóra do Reino de Galicia.
Enganados, as pertenzas das vítimas eran vendidas por por Romasanta
entre as xentes de Montederramo, Paredes, Gabín, Mazaira ou
Fontedoso.
| Camiños da Serra do San Mamede |
Manuel Romasanta,,
cometera ou non os crimes que a xustiza lle atribúe e el agranda,
condeado polo asasinato de mulleres e nenos dos que nunca apareceron
os corpos, vaga aínda hoxe polo imaxinario popular das nosas xentes
quizáis porque busca de novas presas.
Para ampliar información:
Dominguez González,
Xosé. Romasanta, historia cierta de una leyenda.
http://www.ourensedixital.com/romasanta/via3/index.htm
No hay comentarios:
Publicar un comentario